viernes, 22 de noviembre de 2019

20 DE NOVEMBRO DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA

PARA CELEBRAR ESTE DÍA TAN IMPORTANTE  DESENVOLVÉRONSE DIFERENTES ACTIVIDADES NAS AULAS VISIBILIZANDO E REMEMORANDO OS DEREITOS DAS NENAS E DOS NENOS DE TODO O MUNDO. 

FAI CLICK NA IMAXE E LOGO NA BANDEIRA VERDE
NA BIBLIOTECA DISPUXEMOS DUN TABOLEIRO COS PRINCIPAIS DEREITOS DA INFANCIA. NESTA OCASIÓN XOGAMOS CON BLUE-BOT. OS PARTICIPANTES TIRAN OS DADOS, SUMAN, IDENTIFICAN O NÚMERO NO TABOLEIRO,  LEEN O DEREITO E LEVAN AO ROBOT ATA ESA CASA.  

PRIMARIA: 
INFANTIL: 
FAI CLICK NA IMAXE E VERÁS MÁIS FOTOS!!



viernes, 8 de noviembre de 2019

REALIDADE AUMENTADA POLO SAMAÍN

DIVERTÍMONOS MOITO COA APLICACIÓN QUIVER RA HALLOWEEN. DEBUXAMOS E COLOREAMOS CABAZAS DE MANEIRA CREATIVA. DESPOIS EMPREGAMOS AS TABLETS PARA VER AS NOSAS CABAZAS BAILARINAS. 
FIXEMOS UN OBRADOIRO NA BIBLIOTECA PARA O ALUMNADO DE PRIMARIA E  TAMÉN NAS AULAS DE INFANTIL. BOTÁDELLE UNHA OLLADA ÁS FOTOS!!

INFANTIL: 
FAI CLICK PARA VER MÁIS FOTOS!!
PRIMARIA:


O SAMAÍN E OS TABOLEIROS ROBÓTICOS

ACHÉGASE O SAMAÍN E PARA CELEBRALO PREPARAMOS ALGÚNS TABOLEIROS PARA XOGAR COS ROBOTS NA BIBLIOTECA E NAS AULAS.

1º TABOLEIRO "A HISTORIA DO SAMÁIN": CANDO SE CELEBRA, A SÚA ORIXE, QUE SIGNIFICA, COMO O CELEBRABAN OS ANTERGOS, A RELACIÓN COS MORTOS, OS AMULETOS, COMO SE PREPARA UNHA CABAZA,  QUE COUSAS CHE DAN MEDO...  
O XOGO CONSISTE EN TIRAR OS DADOS E LEVAR A DOC-VAMPIRO ATA A CASA CORRESPONDENTE. UN DOS PARTICIPANTES COMPROBARÁ A RESPOSTA NA BARALLA DE CARTAS. TÓDALAS AULAS TRABALLARON PREVIAMENTE O POWER POINT  "HISTORIA DO SAMAÍN" PARA PODER DESENVOLVELO CON TOTAL AUTONOMÍA.


2º TABOLEIRO  "CORRE CORRE CABACIÑA": PREVIAMENTE EN TÓDALAS AULAS TRABALLOUSE O CONTO DE CORRE CORRE CABACIÑA A VERSIÓN LITERARIA E MUSICAL.  NESTE TABOLEIRO HAI QUE SAIR CO BLUEBOT-MORCEGO DENDE A PORTADA DO CONTO E CADA PARTICIPANTE IRÁ NARRANDO E AVANZANDO CO ROBOT ATA CHEGAR AO FINAL DO CONTO. AS IMAXES ESTÁN DESORDENADAS, HAI QUE TER CLARA A SECUENCIA DA NARRACIÓN PARA AVANZAR CO ROBOT .

3º TABOLEIRO "EMOCIÓNS CO SAMAÍN":
COA IDEA DE INTRODUCIR O VOCABULARIO BÁSICO DO SAMAÍN NOS PRIMEIROS CURSOS E AS EMOCIÓNS BÁSICAS RELACIONADAS CON ESTA CELEBRACIÓN. HAI DOUS DADOS PARA FACER DOUS XOGOS DIFERENTES. UN CON IMAXES DO VOCABULARO BÁSICO DO SAMAÍN, NESTA OPCIÓN O PARTICIPANTE TIRA O DADO E LEVA O BLUEBOT-MORCEGO ATA A IMAXE QUE LLE SAÍU NO DADO. NA OUTRA MODALIDADE TÍRASE O DADO DAS CABAZAS CON EMOCIÓNS, IDENTIFÍCASE A EMOCIÓN CORRESPONDENTE E LÉVASE O ROBOT ATA A MESMA, DESPOIS EXPRESAMOS QUE COUSAS RELACIONADAS CO SAMAÍN NOS FAN SENTIR ESA EMOCIÓN.
AQUÍ PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS E COMPROBAR O BEN QUE O PASAMOS!!!!
PRIMARIA:
FAI CLICK NA IMAXE

INFANTIL:

FAI CLICK NA IMAXE












martes, 29 de octubre de 2019

ESPAZO MAKER

Seguimos cos Vilaxogos, o Espazo Maker está a vosa disposición! Aprenderedes a programar xogando con SCRATCH, necesitades coñecelo ben para despois programar os nosos robots. Animádevos a participar!!!

Una pequena mostra dos recreos de luns e venres nesta reportaxe fotográfica.

https://photos.app.goo.gl/FETxFqsWUqgf7WVn9

sábado, 5 de octubre de 2019

COMEZAMOS A CREAR NO ESPAZO MAKER

Por fin comezan os Vilaxogos e o alumnado de 4º, 5º e 6º de EP ten a posibilidade entre as moitas actividades de participar no Espazo Maker.
Este mes imos explorar e crear coa aplicación:

---Crea tu texto animado---

viernes, 21 de junio de 2019

CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2019: ANTÓN FRAGUAS

Para a celebración das  Letras Galegas  homenaxeamos  a “Antón Fraguas Fraguas”. 
O equipo Biblioteca, o equipo Stem e a profesora de música coordínanse para elaborar un taboleiro nesta ocasión o mesmo para todo o centro con preguntas sobre a vida e obra do homenaxeado, dentro dunha proposta de actuación sobre o autor proposta polo EDL e o DO.
 Nesta ocasión precisan dous dados, o resultado da suma é a casa á que deben desprazar o robot e dar resposta á pregunta. 
Tamén se facilita unha folla con instrucións e un código QR para ler coa tablet por se sae algunha das casas con notas musicais nas que hai que cantar ou bailar a cantiga  “O casamento da pulga”.  
E un folleto coa bibliografía para  comprobar as respostas. 
Tivo unha gran acollida por parte de todo  alumnado do centro.
Aprenderon moitos datos sobre a súa biografía de maneira divertida...e ata cando o dado "non axudaba" aprenderon estrofas do Cancioneiro de Cotobade co  "Casamento da pulga e o piollo".    Xa preguntaron cando repetir...
3, 4 e 5 anos:

PRIMARIA
https://photos.app.goo.gl/N3JafQ1QSVX3bTYi7

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Nesta ocasión preséntase  o  robot Bibliotecario!!!  Desde o martes 23 de abril hai unha invitación na porta da Biblioteca.

A nosa curiosidade é grande,  para averiguar en que consistía a proposta...
 Alí tiñan que ler unhas instrucións e ir facendo unha secuencia de accións: acender o M-Bot, ler a pantalla (Feliz Día do Libro), apágalo, coller un dos tres taboleiros  (infantil e primeiro ciclo de EP “Os tres porquiños“ ou “Carapuchiña” e  segundo e terceiro ciclo de EP taboleiro de preguntas sobre un libro traballado na aula). Tamén tiñan que escoller un dos tres robots para realizar o taboleiro: DOC, Blue-Bot ou Mind Designer.
EDUCACIÓN INFANTIL:



 PRIMARIA:

8 DE MARZO E CORRESPONSABILIDADE

Resultado de imagen de REPARTO TAREAS HOGAR

PARA LOGRAR A IGUALDADE TEMOS QUE FACER QUE HAXA CORRESPONSABILIDADE NAS TAREFAS DA CASA.
ESTAMOS A REFLEXIONAR SOBRE ISO NA ESCOLA CON CONTOS, VÍDEOS, LÁMINAS, XOGOS...
AXUDÁDESNOS DENDE A CASA?
Reflexionamos sobre a colaboración e a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e do fogar cunha proposta deseñada polo Departamento de Orientación (DO). Pretendemos rachar estereotipos que impiden unha igualdade xusta e efectiva. 
Traballamos o conto “Las muñecas son para las niñas”en todo o centro.  O alumnado de 5º contou, gravou e expuxo con código QR  o conto para ver con dispositivo móbil nunha das paredes exteriores da Biblioteca  non só para o alumnado do centro senón tamén para as familias.
Tamén se fixeron tres taboleiros acompañados dunha baralla de cartas con preguntas , adaptadas aos diferentes niveis de infantil a 6º de EP,para comprobar a través dunha gráfica a corresponsabilidade nas tarefeas do fogar. Un DOC facía de home e outro de muller.
Empregamos un robot MULLER e un robot HOME e "xogamos" a desempeñar as diferentes tarefas propostas. Compartimos e reflexionamos os resultados por equipos.
Velaquí fotos da actividade:
3, 4 e 5  anos EI



EDUCACIÓN PRIMARIA: 

https://photos.app.goo.gl/FyesK8BrxiTu17H2A
Preme para ver máis imaxes

ROBÓTICA e POESÍA CON ROSALÍA


Esta semana para conmemorar o aniversario de Rosalía de Castro,  afondamos na súa biografía e na súa obra.  
O Equipo Biblioteca propuxo diversas actividades para homenaxeada e incorporou unha proposta robótica en colaboración non só do Equipo Stem e TIC senón tamén da profesora de música.
Elaboráronse:  1 panel para 3 anos, 1 panel para 4 e 5 anos, 1 panel para 1º e 2º, 1 panel para 3º e 4º, un panel para 5º e 6º coa súa bibliografía aumentando a dificultade segundo a idade. 
Cada panel ten asociada unha baralla de tarxetas con preguntas adaptadas. Nos taboleiros hai notas musicais que están relacionadas cos poemas musicados que tamén traballou a profesora de música nas súas sesións co alumnado. 
As especialistas en lingua inglesa traballaron nas súas sesións o vocabulario en inglés relacionado coa vida e obra de Rosalía de Castro.
Os titores e as titoras dirixiron a actividade ao principio, e logo o propio alumnado de forma autónoma traballaba co taboleiro.
Desenvolvéronse en  espazos diferentes: aulas,halls comúns, biblioteca…Os robots empregados foron  DOC, Blue Bot ou Mind Designer.
Esta experiencia foi acollida polo alumnado con moito entusiasmo participando dende 3 anos ata 6º. Logo estes taboleiros quedaron na Biblioteca para que o alumnado puidese xogar con eles.
Velaquí fotos practicando na sesión de hoxe:
3 e 4 anos de E Infantil:




EDUCACIÓN PRIMARIA:






https://photos.app.goo.gl/iWc6uxn92T3X8VocA
Preme para ver máis fotos


https://photos.app.goo.gl/iWc6uxn92T3X8VocA
Preme para ver máis fotos
Tamén estamos traballando o poema ADIOS RÍOS, ADIOS FUENTES nas clases de Lingua e Música, en diferentes versións.
.