ACHÉGASE O SAMAÍN E PARA CELEBRALO PREPARAMOS ALGÚNS TABOLEIROS PARA XOGAR COS ROBOTS NA BIBLIOTECA E NAS AULAS.
1º TABOLEIRO "A HISTORIA DO SAMÁIN": CANDO SE CELEBRA, A SÚA ORIXE, QUE SIGNIFICA, COMO O CELEBRABAN OS ANTERGOS, A RELACIÓN COS MORTOS, OS AMULETOS, COMO SE PREPARA UNHA CABAZA, QUE COUSAS CHE DAN MEDO...
O XOGO CONSISTE EN TIRAR OS DADOS E LEVAR A DOC-VAMPIRO ATA A CASA CORRESPONDENTE. UN DOS PARTICIPANTES COMPROBARÁ A RESPOSTA NA BARALLA DE CARTAS. TÓDALAS AULAS TRABALLARON PREVIAMENTE O POWER POINT "HISTORIA DO SAMAÍN" PARA PODER DESENVOLVELO CON TOTAL AUTONOMÍA.
2º TABOLEIRO "CORRE CORRE CABACIÑA": PREVIAMENTE EN TÓDALAS AULAS TRABALLOUSE O CONTO DE CORRE CORRE CABACIÑA A VERSIÓN LITERARIA E MUSICAL. NESTE TABOLEIRO HAI QUE SAIR CO BLUEBOT-MORCEGO DENDE A PORTADA DO CONTO E CADA PARTICIPANTE IRÁ NARRANDO E AVANZANDO CO ROBOT ATA CHEGAR AO FINAL DO CONTO. AS IMAXES ESTÁN DESORDENADAS, HAI QUE TER CLARA A SECUENCIA DA NARRACIÓN PARA AVANZAR CO ROBOT .
3º TABOLEIRO "EMOCIÓNS CO SAMAÍN":
3º TABOLEIRO "EMOCIÓNS CO SAMAÍN":
COA IDEA DE INTRODUCIR O VOCABULARIO BÁSICO DO SAMAÍN NOS PRIMEIROS CURSOS E AS EMOCIÓNS BÁSICAS RELACIONADAS CON ESTA CELEBRACIÓN. HAI DOUS DADOS PARA FACER DOUS XOGOS DIFERENTES. UN CON IMAXES DO VOCABULARO BÁSICO DO SAMAÍN, NESTA OPCIÓN O PARTICIPANTE TIRA O DADO E LEVA O BLUEBOT-MORCEGO ATA A IMAXE QUE LLE SAÍU NO DADO. NA OUTRA MODALIDADE TÍRASE O DADO DAS CABAZAS CON EMOCIÓNS, IDENTIFÍCASE A EMOCIÓN CORRESPONDENTE E LÉVASE O ROBOT ATA A MESMA, DESPOIS EXPRESAMOS QUE COUSAS RELACIONADAS CO SAMAÍN NOS FAN SENTIR ESA EMOCIÓN.
AQUÍ PODEDES VER ALGUNHAS FOTOS E COMPROBAR O BEN QUE O PASAMOS!!!!
PRIMARIA:
INFANTIL:
PRIMARIA:
FAI CLICK NA IMAXE |
INFANTIL:
FAI CLICK NA IMAXE |
No hay comentarios:
Publicar un comentario