martes, 27 de septiembre de 2022

XOGAMOS CO RATO

EN INFANTIL IMOS COMEZAR  DESCUBRINDO AS PARTES DUN ORDENADOR


                           

EXPERIMENTAREMOS CO RATO OS MOVEMENTOS NA PANTALLA E O CICLADO

ESTES SON ALGÚNS DOS XOGOS COS QUE TRABALLAREMOS E COS QUE TAMÉN PODEDES XOGAR NA CASA. ANIMÁDEVOS!!!!








sábado, 4 de junio de 2022

PRIMEIRAS EXPERIENCIAS CO LAPIS 3D

ESTES DÍAS DE CHUVÍA NO RECREO O ALUMNADO DE 6º EP EXPERIMENTOU CO LAPIS 3D. É UNHA INTERESANTE FERRAMENTA PARA DESENVOLVER A CREATIVIDADE. PÓDENSE CREAR FIGURAS PLANAS E TAMÉN EN 3 DIMENSIÓNS CON RELATIVA FACILIDADE. TEMOS QUE FACER ALGUNHA PROBA MÁIS!!!

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!


VERMES DE SEDA EN REALIDADE AUMENTADA

O ALUMNADO DE INFANTIL DE 3 E 5 ANOS TIVERON NAS AULAS VERMES DE SEDA, PUIDERON OBSERVAR TODO O PROCESO DA METAMORFOSE DENDE O OVO ATA A BOLBORETA. COAS TABLETS E A APLICACIÓN QUIVER PUIDERON GOZAR DUNHA EXPERIENCIA DE REALIDADE AUMENTADA, PINTARON UN DEBUXO ONDE SE REFLICTÍA TODO O PROCESO QUE  COBROU VIDA COAS TABLETS. FOI ALGO MÁXIO!!!!

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!

jueves, 2 de junio de 2022

VISITAS AO HORTO

O ALUMNADO DE 6º DE EP COMEZA A REALIZAR AS VISITAS AO HORTO PARA EXPLICARLLE AO ALUMNADO A COMPOSTAXE, COMO SON AS PLANTAS, OS TIPOS DE PLANTAS E SOBRE TODO AS QUE TEÑEN PLANTADO NOS BANCAIS.

OS VISITANTES ESTIVERON MOI ATENTOS E GOZARON NO BANCAL DAS AROMÁTICAS COS DIFERENTES AROMAS DAS PLANTAS: MENTA, OUREGO, TOMILLO, MENTA CHOCOLATE, INCIENSO, HERBA LUÍSA, LAVANDA... A QUE MENOS LLES GUSTOU FOI A RUDA. DICÍAN: QUE MAL CHEIRA!!!!!!!

TAMÉN PARTICIPARON ALEGREMENTE  NA  COLLEITA DE PATACAS E CHÍCHAROS. FOI EMOCIONANTE ATOPAR AS PATACAS BAIXO A TERRA!!!

5 ANOS A:

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!

5 ANOS B:

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!

4 ANOS B:

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!


XINCANA DE INSECTOS

O ALUMNADO DE INFANTIL ESTÁ INMERSO EN DIFERENTES PROXECTOS RELACIONADOS COS INSECTOS. ESTES DÍAS DESCUBRIRON OS CÓDIGOS QR E REALIZARON DIVERSAS ACTIVIDADES:

- O ALUMNADO DE 3 ANOS A TIÑA COMO RETO ATOPAR A BOLBORETA PERDIDA, POIS ANDAN COS VERMES DE SEDA NA AULA.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!!

- O ALUMNADO DE 3 ANOS B TIÑA COMO RETO ATOPAR A XOANIÑA PERDIDA, POIS A MASCOTA DA SÚA AULA É ESTE FERMOSO INSECTO.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!!

- O ALUMNADO DE 4 E 5 ANOS  ESTÁ A INVESTIGAR SOBRE OS INSECTOS, NO SEU RETO ERA UNHA XINCANA, TIÑAN QUE LOCALIZAR E ESCRIBIR O NOME DE  10 INSECTOS E TER COIDADO COAS TRAMPAS, POIS HABÍA 3 INTRUSOS. TIVERON QUE BUSCALOS ARREDOR DO COLE.

4 ANOS A:

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!
4 ANOS B:
PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!
5 ANOS A:
PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!
5 ANOS B:







ACTIVIDADES PREVIAS AO VERÁN

 IMOS CELEBRAR O DÍA DO MEDIOA AMBIENTE E AQUÍ VOS DEIXAMOS UN XOGO CO QUE DESCUBRIREDES COMO SON OS NOSOS BOSQUES:

PREME NA IMAXE

É IMPORTANTE CLASIFICAR OS RESIDUOS:
PREME NA IMAXE

AGORA QUE SE ACHEGA O VERÁN E IMOS ANDAR MÁIS POLA RÚA E PRECISO QUE LEMBREMOS ALGUNHAS NORMAS VIARIAS:

PREME NA IMAXE


martes, 31 de mayo de 2022

XOGAMOS CON MIND

ESTES DÍAS CHEGOU UN NOVO ROBOT CHAMADO MIND. É MOI FALADOR, SEMPRE ESTÁ A FACER PREGUNTAS SOBRE NÚMEROS, CORES E FIGURAS XEOMÉTRICAS. TEN DOUS TABOLEIROS COS QUE XOGAR E TAMÉN DEBUXA SE EMPREGAMOS A APLICACIÓN DA TABLET. É MOI DIVERTIDO!!

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!

lunes, 23 de mayo de 2022

ULTIMAMOS O HORTO PARA RECIBIR AS PRÓXIMAS VISITAS

ESTES DÍAS ANDAMOS ALGO ATAREFADOS COS ÚLTIMOS PREPARATIVOS ANTES DAS VISITAS . COLOCAMOS ALGO MÁIS DE CARTELERÍA, PLANTAMOS ALGUNHAS HORTALIZAS E SEMENTES DE TEMPORADA (XIRASOIS, MILLO, REPOLOS, ALCACHOFAS, XUDÍAS...). TAMÉN ESTAMOS COLLEITANDO CHÍCHAROS, ACELGAS, AMORODOS E PATACAS!!!!!

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS!!!