Mostrando entradas con la etiqueta ACT STEM 3º EP. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ACT STEM 3º EP. Mostrar todas las entradas

miércoles, 9 de febrero de 2022

USO RESPONSABLE DAS REDES

O PRÓXIMO XOVES DÍA  17 DE FEBREIRO TEREMOS A PRIMEIRA ESCOLA DE FAMILIAS EN COLABORACIÓN CO CFR ENFOCADA AO USO RESPONSABLE DAS REDES, ASÍ COMO O PAPEL DAS FAMILIAS NA PREVENCIÓN A TRAVÉS DA WEBEX CON ÓSCAR  PÁRAMOS.  ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!! SEGURO QUE NOS DAN BOS CONSELLOS!!!



jueves, 22 de abril de 2021

REDUCIR-REUTILIZAR-RECICLAR

ESTE TRIMESTRE ESTAMOS MOI CONCIENCIADOS COS PROBLEMAS DO CAMBIO CLIMÁTICO E DESENVOLVEMOS ALGUNHAS ACCIÓNS E ACTIVIDADES SEGUINDO O PRINCIPIO DOS TRES ERRES: REDUCIR-REUTILIZAR-RECICLAR. SEGUINDO ESTÁ FÓRMULA DESENVOLVÉRONSE ESTAS ACTIVIDADES:

EXPOSICIÓN DE MÁQUINAS SIMPLES: O ALUMNADO DE 3º EN COLABORACIÓN COAS SÚAS FAMILIAS ELABOROU CON MATERIAL DE REFUGALLO, REUTILIZANDO E REDUCINDO RESIDUOS, MÁQUINAS SIMPLES PARA ESTÁ MAGNÍFICA EXPOSICIÓN.

RECICLAMOS OS RESIDUOS: DISPUXEMOS CONTEDORES NALGUNHAS AULAS PARA CLASIFICAR OS RESIDUOS DA AULA E CONCIENCIAR AO ALUMNADO. 


RECICLAMOS O LIXO CON BLUE-BOT: O ALUMNADO DE 4 E 5 ANOS PROGRAMOU A BLUE-BOT PARA LEVAR O LIXO AOS CONTEDORES CORRESPONDENTES.

PREME NA IMAXE PARA VER MÁIS FOTOS

OBRADOIRO DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO CO ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA.


OBRADOIRO PLÁSTICOS FÓRA  REALIZADO  PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E 1º DE PRIMARIA. ANTÓN K SENSIBILIZOU AO ALUMNADO SOBRE A REUTILIZACIÓN DE RESIDUOS E A RECICLAXE NOS CONTEDORES: PAPEL, VIDRO, PLÁSTICOS, ORGÁNICOS E O RESTO.





lunes, 17 de junio de 2019

ACTIVIDADES STEM 3º EDUCACIÓN PRIMARIA


Proxecto “A nosa cidade”
Materiais: cartón pluma grande con cuadrículas de 15x15 para poder manexar despois os robots, envases de produtos, papel de cores, etc.
Desenvolvemento: primeiro elaboraron os planos de estradas e edificacións da cidade, votouse e gañou un modelo.
A continuación, constrúense os edificios e os sinais e márcanse as estradas e as zonas verdes.
Procédese a posicionar correctamente os edificios de acordo co plano, utilizando coordenadas.
Tras varios días de traballo, sacamos os robots a  circular pola nosa cidade.






Explorando as enerxías renovables.

Materiais: kit de enerxía solar.

Desenvolvemento: durante os días nos que traballamos coas enerxías renovables, na aula había montado un instrumento que funcionaba só cando facía sol. Tratábase de explorar e investigar como funcionaba aquela máquina.




Formas xeométricas con Mind

Materiais: robot MindDesigner, tablet, rotulador e papel.
Desenvolvemento: conseguir identificar as formas que se elaboraban co robot que xuntas formaban algunha figura a modo de tangram (gato, serpe...). Logo, intentamos copiala cun tangram de cartolina. Usamos a App do robot na tablet ou só o robot.



Robótica, iniciación. Somos quen de poñer o noso nome en Mbot?

Materiais: Robot Mbot e ordenador.
Desenvolvemento: coñecer o robot, as súas partes e funcionamento. O obxectivo foi conseguir proxectar na súa placa LED o nome de cadaquén.