lunes, 17 de junio de 2019

ACTIVIDADES STEM 3º EDUCACIÓN PRIMARIA


Proxecto “A nosa cidade”
Materiais: cartón pluma grande con cuadrículas de 15x15 para poder manexar despois os robots, envases de produtos, papel de cores, etc.
Desenvolvemento: primeiro elaboraron os planos de estradas e edificacións da cidade, votouse e gañou un modelo.
A continuación, constrúense os edificios e os sinais e márcanse as estradas e as zonas verdes.
Procédese a posicionar correctamente os edificios de acordo co plano, utilizando coordenadas.
Tras varios días de traballo, sacamos os robots a  circular pola nosa cidade.






Explorando as enerxías renovables.

Materiais: kit de enerxía solar.

Desenvolvemento: durante os días nos que traballamos coas enerxías renovables, na aula había montado un instrumento que funcionaba só cando facía sol. Tratábase de explorar e investigar como funcionaba aquela máquina.




Formas xeométricas con Mind

Materiais: robot MindDesigner, tablet, rotulador e papel.
Desenvolvemento: conseguir identificar as formas que se elaboraban co robot que xuntas formaban algunha figura a modo de tangram (gato, serpe...). Logo, intentamos copiala cun tangram de cartolina. Usamos a App do robot na tablet ou só o robot.



Robótica, iniciación. Somos quen de poñer o noso nome en Mbot?

Materiais: Robot Mbot e ordenador.
Desenvolvemento: coñecer o robot, as súas partes e funcionamento. O obxectivo foi conseguir proxectar na súa placa LED o nome de cadaquén.




No hay comentarios:

Publicar un comentario