domingo, 16 de junio de 2019

ACTIVIDADES STEM 2º EDUCACIÓN PRIMARIA

Actividade:  “CANDO AS NENAS VOAN ALTO”
Obxectivo: Introdución á robótica co robot DOC e traballar o conto elixido para conmemorar o Día da Muller “Cuando las niñas vuelan alto”.
Materiais: robot DOC e panel coas personaxes do conto.
Desenvolvemento: no panel aparecerá o nome das personaxes do conto e a súa imaxe. Segundo vamos lendo a historia e se presenta unha das persoaxes deberán programar robot para levar o robot dende o nome ata a imaxe a través das diferentes casillas.
Valoración da actividade: resultou ser moi motivadora e amena. Ao principio mostraban algunha dificultade para programar o robot pero logo a levaron a cabo con éxito.


1.         
   
2.                Actividade: “PLÁSTICA REALISTA”
Obxectivo: Introducirse nas TIC empregando a realidade aumentada.
Materiais: APP quiver e laminas impresas.
Desenvolvemento: o alumnado terá unha lámina para colorear e logo con axuda dunha tablet  veremos  a lámina pintada en realidade aumentada, a APP tamén ten un xogo no que aparece o noso debuxo.
Valoración da actividade: a motivación do alumnado era moi alta, e serviulles para diferenzar o 2D do 3D.

Actividade: “PLANO DA CIDADE”
Obxectivo: Introducirse na robótica co robot DOC e familiarizarse cos planos das ciudades.
Materiais: robot DOC e panel da cidade.
Desenvolvemento: o alumnado terá nos recantos un espazo adicado a robótica para que en fequenos grupos se familiaricen co robot. Contan con unas tarxetas onde se lles pide que vaian a unha parte determinada da cidade e logo teñen que desplazar ao robot polo plano.
Valoración da actividade: a motivación do alumnado era moi alta, ainda que nun primeiro momento tiñan dificultades en canto a orientación espacial.

Actividade: TABOLEIRO MATEMÁTICO
Obxectivo: Introducirse na robótica co robot DOC e traballar o cálculo mental.
Materiais: robot DOC e panel matemático.
Desenvolvemento: o alumnado terá nos recantos un espazo dedicado á robótica para que en pequenos grupos se familiaricen co robot. Deberán realizar operacións mediante o cálculo mental, co obxectivo de levar ao robot á solución correcta.
Valoración da actividade: o alumnado está moi motivado con esta actividade mellorando moito o cálculo mental.










Actividade:
LUPA MICROSCÓPICA
Obxectivo: averiguar diferentes maneiras de ver as cousas e os cambios que sofren.
Desenvolvemento: O alumnado a través da lupa observará certos materiais estudados durante o curso.
Valoración da actividade: é una actividade moi motivadora para todo alumnado, xa que observarán todo dunha maneira moito máis precisa.













Actividade: “ESTUDAMOS AS PLANTAS”
Obxectivo:
Desenvolvemento: esta actividade consiste en medir a temperatura e a intensidade da luz de duas plantas mediante o ROBOT BOTÁNICO
Teremos dúas plantas, unha  colocarémola preto dunha ventá, mentres que a outra  porémola nun lugar onde non reciba moita luz. Cada día mediremos a temperatura e a intensidade da luz das plantas e observaremos as diferenzas, que se irán anotando nunha táboa comparativa.
Valoración da actividade: é una actividade moi motivadora, xa que lle deron uso creativo e tecnolóxico   ao robot M-Bot.



















ARTISTAS DE NATUREZA!















VISITA A NATURNOVA E A EXPOSICIÓN DE ARTE:






























INDAGAMOS SOBRE O DANO DO AZUCRE NOS DENTES:




NOS RECANTOS: 













O CORPO CON LUPA: 




EMPREGAMOS AS CENTENAS:


Calculamos de maneira cooperativa e manipulativa. Xa sabemos empregar as centenas!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario