ESTAMOS A REFLEXIONAR SOBRE ISO NA ESCOLA CON CONTOS, VÍDEOS, LÁMINAS, XOGOS...
AXUDÁDESNOS DENDE A CASA?
Reflexionamos sobre a colaboración e a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e do fogar cunha proposta deseñada polo Departamento de Orientación (DO). Pretendemos rachar estereotipos que impiden unha igualdade xusta e efectiva.
Traballamos o conto “Las muñecas son para las niñas”en todo o centro. O alumnado de 5º contou, gravou e expuxo con código QR o conto para ver con dispositivo móbil nunha das paredes exteriores da Biblioteca non só para o alumnado do centro senón tamén para as familias.
Tamén se fixeron tres taboleiros acompañados dunha baralla de cartas con preguntas , adaptadas aos diferentes niveis de infantil a 6º de EP,para comprobar a través dunha gráfica a corresponsabilidade nas tarefeas do fogar. Un DOC facía de home e outro de muller.
Empregamos un robot MULLER e un robot HOME e "xogamos" a desempeñar as diferentes tarefas propostas. Compartimos e reflexionamos os resultados por equipos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario