
O equipo Biblioteca, o equipo Stem e a profesora de música coordínanse para elaborar un taboleiro nesta ocasión o mesmo para todo o centro con preguntas sobre a vida e obra do homenaxeado, dentro dunha proposta de actuación sobre o autor proposta polo EDL e o DO.
Nesta ocasión precisan dous dados, o resultado da suma é a casa á que deben desprazar o robot e dar resposta á pregunta.
Tamén se facilita unha folla con instrucións e un código QR para ler coa tablet por se sae algunha das casas con notas musicais nas que hai que cantar ou bailar a cantiga “O casamento da pulga”.
E un folleto coa bibliografía para comprobar as respostas.
Tivo unha gran acollida por parte de todo alumnado do centro.
Aprenderon moitos datos sobre a súa biografía de maneira divertida...e ata cando o dado "non axudaba" aprenderon estrofas do Cancioneiro de Cotobade co "Casamento da pulga e o piollo". Xa preguntaron cando repetir...
No hay comentarios:
Publicar un comentario