EXPERIMENTACIÓNS EN EQUIPO:
Mércores, 22 de maio
No grupo A foi o turno de Pablo Cobas e Analía co seu foguete e de Lucas e Atenea coa súa receita de coulant. Asistimos moi atentas e moi atentos as dúas actividades e agasallamos as parellas con moitos aplausos. Houbo expectación e degustación.
No grupo B o traballo estivo a cargo de
Gael, Paula e Pedro que contaron a experiencia do
ovo saltarín e do
experimento da maicena ou do fluido non newtoniano. Houbo moita curiosidade e manipulación.
No seguinte enlace temos detalles do
Experimento De La Maicena
Publish at Calameo
Xoves, 23 de maio
Hoxe as exposicións foron ricas, ricas...
No grupo A,
Eladio e Marta, explicaron con detalle como facer unhas deliciosas
palmeiriñas. Prestamos moita atención, houbo degustación, pedimos receita e aplaudimos a rabiar...
Preme para ver as fotos da sesión.
No grupo B, Adriana e Mateo, explicaron como elaborar "faxiñas" e xa tiñamos fame nada máis comezar a exposición...
Preme para ver as imaxes
Venres, 24 de maio
No grupo A, hoxe gozamos da explicación dunha actividade plástica e dunha actividade experimental. Lucía e Saray explicáronnos, paso a paso, como facer unha tarxeta con "corazón" e ademais nos agasallaron co material para facer unha tarxeta na casa. A segunda parella, formada por Álex e Rubén, explicaron como facer un "mini tornado".
No grupo B, as exposicións foron moi ricaaaaaaaaaaaaas!
A primeira parella, Hugo e Sara, explicaron como facer unhas tortiñas de cores que probamos con gusto. A segunda parella, Diego e Sabela, aportaba uns saborosos cup cakes con lacasiños que explicou Diego (botamos de menos a Sabela que hoxe estaba enferma, pero traballou onte pola tarde na elaboración da receita).
CHARLAS INDIVIDUAIS:
LUNS, 6 DE MAIO:
- A miña mascota MAX
- A ximnasia rítmica
- Meghan Trainor
- A contaminación polo plástico
- Memphis Depay
Hoxe chegou o turno a
Marco, Isabela e Sabela de 4ºA, Natalia e Jorge de 4ºB. Exposicións moi entretidas, fixemos moitas preguntas e agasallamos con moitos aplausos
.
MARTES, 7 DE MAIO:
- Os libros de Tea Stilton
- A miña mascota Kora
- Cinco animais raros
- Dragon Ball
Rematamos esta actividade coas charlas de
Mateo Lago de 4ºB e Lucía, Pablo Durán e Adam de 4ºA. Pasámolo xenial, fixemos moitas preguntas e houbo moitos aplausos
.
XOVES, 2 DE MAIO:
- Animais velenosos
- A miña mascota Lukitas
- A contaminación
- Bichos raros
Nova tanda de exposicións
con Mauro e Lucía de 4ºB, Alba e Brais de 4ºA. Exposicións completas e moi diferentes que causaron a nosa curiosidade, moitas preguntas e moitos aplausos
.
VENRES, 3 DE MAIO:
- As focas
- O oso panda
As charlas de hoxe estiveron a cargo de
Naia e Gabriela de 4ºB. Exposicións amenas que rematamos con preguntas e aplausos.
MÉRCORES 24 DE ABRIL:
- Animais híbridos
- O futbolista Luis Suárez
- As palmas de Pascua
- A Prehistoria
Comezou a nova tanda de charlas con Gael e Pablo Pérez de 4ºB, Carmen e Mateo Carrera de 4ºA. Exposicións amenas que causaron o noso interese, con moitas preguntas e con aplausos finais.
XOVES 25 DE ABRIL:
- O polbo de aneis azuis
- Susana Rodríguez Gacio, un exemplo de superación
- A miña viaxe a Londres
- O futbolista Salah
Hoxe escoitamos con moita atención ás nosas compañeiras e compañeiro Atenea e Marta de 4ºA, Adriana e Hugo de 4ºB. Foron charlas moi enriquecedoras e fixemos moitas preguntas.
LUNS 8 DE ABRIL:
- O xogo das chapas
- NIKE
- Inventos
- Lolo, o meu can
Comezou a semana coas charlas de
Eladio e Lucas de 4ºA, Mario e Paula de 4ºB. Escoitamos falar de temas variados, amenos e con moitas curiosidades. Houbo preguntas e rematamos con aplausos.
MARTES 9 DE ABRIL:
- Amazonas
- A miña gata Luna
- The Crazy Haacks
- Cristiano Ronaldo
Hoxe as charlas estiveron a cargo de
Eloy e Saray de 4ºA, Elia e Sabela de 4ºB. Escoitamos con atención e fixemos moitas preguntas. Como en días anteriores houbo moitos aplausos.
MÉRCORES 10 DE ABRIL:
- Mata Hari
- Ameba Comecerebros
- Os cinco deportes máis coñecidos do mundo
- As tartarugas
- O meu pitiño Kuki
As charlas estiveron a cargo de
Sara e Raúl en 4ºB e Sara, Verónica e Analía en 4ºA. Escoitamos con moita curiosidade e fixemos moitas preguntas.
XOVES 11 DE ABRIL:
- Big Bang
- Google
- Portiro Courtais
- A miña cadela Luna
Escoitamos as charlas a cargo de
Hugo e Álex de 4ºA, Raúl e Aimée de 4ºB. Resultaron moi amenas e rematamos con preguntas e aplausos.
MARTES 2 DE ABRIL:
- 5 Inventos importantes
- O triathlon
- Leonardo da Vinci
- Gato
E chegou o día!!! As dúas clases de 4º acolleron a presentación das catro primeiras charlas.
Miguel, Álvaro, Pablo José e Pedro explicaron o seu traballo e contestaron as
preguntas do "público". Houbo interese, atención e curiosidade.
Rematamos cada sesión con aplausos.
MÉRCORES 3 DE ABRIL:
- Backstreet Boys
- Maxia
- O palangre e as nasas
Hoxe disfrutamos moito coas aportacións de
Nuria, Mario Villar e Rubén. Falouse de música e de pesca, disfrutouse coa explicación e os números de ilusionismo. Quedámonos co comentario cariñoso feito polo "mellor público do mundo" de que foron traballos "moi currados". Noraboa!!!
XOVES 4 DE ABRIL:
- A miña mascota Koko
- Mulleres deportistas
- Os seis animais máis tenros do mundo
- Os coellos
Hoxe asistimos ás charlas de Thiago, Sela, Mateo Requejo e Pablo Cobas.
Falouse de animais e deportes. Resultaron moi amenas e agradecemos a colaboración familiar que estamos recibindo.
Na charla sobre os coellos domésticos fixemos a Estela, compañeira de terceiro, partícipe da sorpresa que nos tiña preparada Pablo...un precioso coello gris que se deixou aloumiñar pola clase.
Un día máis, NORABOA!!!
Agardamos con impaciencia as charlas da próxima semana...
OBRADOIRO TECNOLÓXICO SALÓN DO LIBRO 2019
O grupo 4ºA asistiu a un obradoiro TECNOLÓXICO. Foi un achegamento a impresión en 3D. Traballamos con tablets e cuns instrumentos, similares aos pirograbadores, cos que marcamos os nosos deseños.
O grupo 4ºB participou nun obradoiro ARTÍSTICO. Valoramos a figura de Magritte, pintor surrealista belga, e a súa importancia como revolución pictórica.
E a visita sobre enerxía chegou de mans da Fundación Endesa.
Hoxe participamos nun taller itinerante presentado por Sandra e Juan que nos esperaban na Biblioteca do centro. Falamos de enerxía, fontes e tipos, electricidade, turbinas, xeradores, muíños...

Repasamos moito do traballado estes días nas nosas clases.
Comentamos o uso eficiente e racional da electricidade e a toma de conciencia sobre o valor da enerxía para unha mellor calidade de vida coa axuda de xogos e de experimentos dinámicos.
Foi unha actividade moi amena e divertida. A próxima semana seguiremos traballando sobre enerxías nas nosas aulas, pero recordaremos moito do aprendido hoxe...
Velaquí imaxes das dúas sesións:
Premendo nas imaxes podemos entrar no álbum.
ALUMINIOS CORTIZO EN PADRÓN

Estes últimos días buscamos información sobre o aluminio e a empresa que imos visitar o próximo
martes 26.
Trátase dunha empresa moi importante de ámbito internacional con sede central no concello de Padrón.
e comezamos a facernos un montón de preguntas sobre o aluminio e o seu proceso productivo.
Video da empresa
Na clase traballamos cos seguintes videos:
Cuestiones interesantes sobre el aluminio
Proceso del aluminio
Tamén buscamos información sobre a
bauxita.
Estamos recollendo información sobre o aluminio e familiarizándonos cun montón de vocabulario novo...
O aluminio pode reciclarse.
Este proceso implica refundir o metal, eso abarata custos e consume moita menos enerxía que a produción de aluminio a partir da electrólise da alúmina obtida da bauxita.
 |
Pasos na reciclaxe dunha lata de alumnio |
Martes, 26 de febreiro
VISITA Á SEDE CENTRAL DE ALUMINIOS CORTIZO
Chegou o día! Estabamos cheas e cheos de curiosidade. Sabíamos que
era unha empresa enorme e que veríamos in situ moitas das informacións
traballadas na aula, pero a realidade superou as nosas expectativas.
Recibiunos Manuel Santiago, técnico de formación, que nos acompañou toda a visita con explicacións claras e amenas.
Era importante insistir nas normas de seguridade, tivemos que vestir chaleco e casco protector e poñer tapóns nos oídos. Durante o percorrido polas instalacións seguimos instruccións da persoa encargada da visita e do noso profesorado procurando no interferir nas zonas de traballo. Os desprazamentos entre edificios fixémolos no autobús.
A visita comezou na planta de fundición, onde comprobamos que o aluminio empregado na carpintería da empresa procede de outros aluminios reciclados. Nesta planta vimos un forno onde os "paquetes a reciclar" se funden a temperaturas que alcanzan os 1000ºC.
Pasamos despois a planta de prensa extrusión onde os "cilindros de aluminio" toman a forma dos perfís.
Sorprendeunos o impresionante almacén automatizado e visitamos a zona de anodizado observando desde os ventanais o tratamento do aluminio.
Finalmente, pasamos pola zona expositora con modelos de carpintería en aluminio.
Rematamos a nosa visita coa invitación a unha merenda e uns agasallos de recordo.
Foi unha visita xenial!!!
COMPOSTAXE: QUEN VIVE AHÍ?

O luns 18 e o mércores 20 participamos na actividade
QUEN VIVE AHÍ? do programa Plan Revitaliza que se desenvolveu no laboratorio.
Investigamos que microfauna habita na compostaxe. Axudáronnos os monitores Antón e Manolo e as monitoras Teresa e María. Empregamos pinceis, "peneiras", recipentes de vidro e instrumental de aumento como lupas manuais e lupas binoculares.
Buscamos e diferenciamos os "bechos" que habitan na compostaxe (anélidos, colémbolos, pseudoescorpións,
coleópteros…) e que participan activamente na descomposición dos
restos orgánicos, sendo parte fundamental do proceso para obter un bo compost.
A actividade gustounos moito. Temos moito que contar...
Velaquí algunhas imaxes:
GRAVAMOS CON ONDACERO

Un ano máis, o noso cole colabora coa radio e participa na gravación de diferentes fragmentos que, unha vez editados, serán emitidos na programación local. O alumnado de 4º aportou a lectura dunhas coplas e unhas poesías. Comentaremos a data de emisión...

CORAZÓN

En Plástica continuamos traballando co pregado de papel. Esta semana tocou un corazón...
Puxemos moito interese e velaquí os resultados: