jueves, 20 de junio de 2019

ESPAZO MAKER

É un espazo físico que se concibe como unha  extensión da Biblioteca e un espazo dentro dos recreos inclusivos do centro, que pode utilizar o  alumnado de 4º, 5º, e 6º no tempo de recreo e unha sesión semanal nalgunha titoría. 
Dispón de diferentes kit robóticos,  pezas de construción “primeiras máquinas de Lego”, ordenadores, tablets, ebotics, gafas realidade virtual, ordenadores  en desuso...
O alumnado ten a liberdade para  crear, experimentar, autocorrexirse,  aplicar conceptos  aprendidos na clase. É un espazo de traballo para probar solucións a problemas reais propostos polo propio alumnado, no que se escoitan as achegas de outros membros con intereses similares, fomentando o traballo  en equipo colaborativo.
Hai que destacar o bo funcionamento deste espazo onde destaca sobre todo a colaboración entre o alumnado  coa  Scratch  e a creatividade desenvolvida polo alumnado coa técnica Scamper (Substituír, combinar, adaptar, modificar, buscar outros usos, eliminar e cambiar de forma computadores vellos de refugallo) é unha ferramenta poderosa para desenvolver a creatividade. 
Realizamos a TÉCNICA SCAMPER: substituir, cambinar, adaptar, modificar, buscar outros usos, eliminar e cambiar de forma.

































Coa PLACA EBOTICS  fixemos un piano con materias cotiás: plátanos, pan, tesoiras, chaves... e comprobamos que materias pasan a electricidade e que materiais non.


Traballamos tamén con LEGO e fixemos máquinas simples.






No hay comentarios:

Publicar un comentario